CRTVG

Buscar

Consellos básicos para unha condución segura ante a chegada do frío

Publicado o 07/01/2021 15:02

Cando collemos o coche e as temperaturas son extremadamente baixas, o primeiro que temos que ter en conta é que a presenza de xeo nas estradas pode afectar a adherencia das rodas. O frío endurece o pneumático e o agarre é peor. Por iso hai que cambiar as rutinas de condución.

Fernando Alonso Prieto, profesor de formación viaria, lembra que "hai que aumentar a distancia de seguridade co vehículo que nos precede e sobre todo non abusar do freo, sempre utilizar marchas que nos permitan utilizar o menos posible o freo". Cos vehículos de cambio automático hai que manter unha velocidade adecuada e o vehículo se encarga de relacionar a marcha axeitada. 

As estradas parecen as mesmas, pero non o son, por iso hai que conducir con calma, evitando adiantamentos ou cambios bruscos de dirección. Amais de manter unha actitude prudente á hora de conducir, as precaucións deben estar presentes antes de sentarse ao volante. É importante procurar un mantemento exhaustivo do vehículo, sobre todo prestando atención aos amortecedores, pneumáticos ou ao líquido anticonxelante. Tamén é recomendable revisar o sistema de climatizacion, é necesario que funcione correctamente para garantir o desabafamento dos vidros e ter así unha boa visibilidade.

Noticias web

07/01/2021