CRTVG

Buscar

Román Rodríguez: "Queremos que o Xacobeo 2021 sexa unha plataforma de promoción turística"

Publicado o 02/01/2020 11:06

Estreamos ano e década; e con moitas expectativas. Unha das principais, ademais da estabilidade, é o reto do Xacobeo 2021, unha cita que nos amosará ao mundo tal como queremos que nos vexan. Porque o Xacobeo non é só unha cita para o turismo, tamén é unha grande oportunidade social, económica e de tolerancia entre os diferentes.

Román Rodríguez, conselleiro de Cultura e Turismo, conversa no 'Bos días', con Fran López Iglesias sobre como van afrontar desde a Xunta este reto e as expectativas postas neste acontecemento.

"É o primeiro Xacobeo en 11 anos, e agora en 11 anos imos ter tres Xacobeos. É unha plataforma fantástica para Galicia a nivel de promoción cultural e turística, pero para o conxunto de Galicia é unha oportunidade moi boa para situarnos no mapa nacional e internacional persentándonos como o que somos: unha comunidade moi sólida, moi solvente desde o punto da xestión pública", explica o conselleiro de Cultura.

"En todo o mundo se coñece o Camiño de Santiago, é un referente universal e obviamente Galicia é o destino final, a meta a que chegan persoas de todo o mundo e que son os nosos mellores embaixadores", engade Román Rodriguez.

"Os datos que estimamos segundo o plan estratéxico diseñado para o Xacobeo 2021, o PIB pode crecer arredor dun 0,9 por cento e tamén se poden crear uns 11.000 postos de traballo. Amaís as os informes realizados polas universidades din que o gasto do peregrino é superior ao do turista ordinario. Hai que pensar que a metade son extranxieros e pasan moitos días en Galicia cunha capacidade de gasto moi importante", salienta o conselleiro de Turismo.

"Os tres principios da estratexía son a participación cidadán, que a progamación vaia de abaixo arriba a desestacionalización e a descentralización territorial, ten que chegar a toda Galicia, pase ou non pase o Camiño", explica o conselleiro, "por iso contamos con ter alomenos 10 actividades cada día".

 

Noticias web

02/01/2020