CRTVG

Buscar

Conseguen estabilizar o incendio forestal de serra Sollera, na zona central de Asturias

Publicado o 09/05/2019 16:16

Os bombeiros do Principado conseguiron estabilizar o incendio forestal declarado na serra de Sollera, no centro de Asturias.
Varios focos permanecen activos neste lume que afecta os concellos de Grado, Candamo e Salas, próximos a Oviedo.
Durante a noite amainou o forte vento que sopraba na zona, o que facilitou o traballo dos medio cento de bombeiros e gardas forestais que operan sobre o terreo.
Coas primeiras horas do día incorporáronse aos traballos de extinción dous helicópteros.
A superficie arrasada polo lume é importante, pero as autoridades do Principado non poden aínda ofrecer cifras concretas.
O risco de incendio é moi elevado e está prohibida calquera tipo de queima en todo o territorio asturiano.
 

Noticias web

09/05/2019