CRTVG

Buscar

Consecuencias económicas do veto aos presupostos

Publicado o 13/02/2019 21:00

Á parte das consecuencias políticas, o feito de non sacar adiante os presupostos ten tamén consecuencias económicas. Para o Goberno, o principal problema é que prexudicará a redución do déficit público, porque non se poderán aprobar as subas de impostos previstas, e os ingresos serán menores. Entre esas subas que quedan paralizadas está o imposto ao diésel, a do IRPF ás rendas máis altas ou a de sociedades para as grandes empresas. Con todo, outras medidas, como a subida das pensións, do salario mínimo e do soldo dos funcionarios, xa estaban aprobadas a través de decretos lei, e seguen en vigor.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2019