CRTVG

Buscar

Conmoción polo asasinato machista dunha muller de Mazaricos

Publicado o 26/02/2020 23:30
Conmoción polo asasinato machista dunha muller de Mazaricos

O crime machista de Fuenlabrada produciuse pouco antes do mediodía. A esa hora, unha muller alertou a policía porque unha veciña ensanguentada e con feridas de arma branca no abdome e no peito lle estaba pedindo axuda. A vítima era unha muller de Mazaricos de 75 anos.

A veciña entrou na vivenda da vítima e alí descubriu o corpo do agresor, tamén ferido e sangrando. Os servizos de emerxencia trasladárono ao hospital en estado moi grave. Tamén levaron a vítima, pero faleceu de camiño.

Inés Méndez, xefa de garda do SUMMA 112: "Cando chegamos, a paciente está en parada cardiorrespiratoria, da que a sacamos con reanimación, e no traslado ao hospital volveu sufrir outra parada. Ingresa no hospital xa falecida".

A policía tivo claro desde o primeiro momento que era un caso mortal de violencia machista e que o agresor se intentou suicidar. Acordáronse dous días de loito. Suspendéronse, ademais, todos os actos do Entroido previstos para a tarde do mércores e convocouse unha xunta de portavoces para amosar este xoves a repulsa ante o crime.

Foi o segundo asasinato machista deste día. Horas antes, en Aznalcóllar, Sevilla, un home de 51 anos matou cunha escopeta a súa muller e despois suicidiouse coa mesma arma.