CRTVG

Buscar

Conmoción pola morte e violación dunha monxa moi coñecida en Portugal

Publicado o 12/09/2019 18:39

Antonia Pinho era unha monxa de 61 anos moi famosa en Sao João da Madeira, unha localidade a 50 quilómetros do Porto. Na vila queríana ben porque axudaba a quen o precisaba movéndose nunha moto, unha imaxe que chamaba moito a atención, de feito era alcumada como a monxa radical.

Nun dos seus percorridos asistindo persoas con adicións ás drogas, un home de 41 anos, supostamente, convidouna a café na súa casa para compensala polas molestias. Segundo as investigacións, ela rexeitaría manter relacións sexuais co home e el acabaría esganándoa e despois violando o cadáver da monxa.

O suceso ten conmocionado a todo o país, especialmente este distrito de Aveiro que xa condenou o sucedido e reaccionou con indignación. O autor do crime confesou o acontecido. Tiña antecedentes criminais por tráfico de drogas, secuestro e violación.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/09/2019