CRTVG

Buscar

Conmoción no círculo laboral das vítimas do crime machista de Valga

Publicado o 17/09/2019 14:20

Os que a coñecían aseguran que Sandra Boquete, de 39 anos, era unha muller dedicada á súa familia e ao seu traballo. A empresa de Padrón vinculada ao sector do aluminio, en que traballaba como administrativa dende hai unha década, estivo pechada durante todo o luns en sinal de loito, e instalou un crespón morado en repulsa ao crime machista.

A compañía enviou un comunicado aos medios lamentando o asasinato de Sandra, a súa nai e a súa irmá. Nel tamén lle trasladan o pésame á familia, e piden para ela o máximo respecto ante o duro momento, din, que está a atravesar.

Alba Boquete, a irmá de Sandra, de 27 anos, rexentaba dende hai pouco tempo un gabinete de logopedia situado en Pontecesures.

A carreira profesional de Alba estivo sempre vinculada ao apoio a nenos e adultos con problemas da linguaxe, algo que a levou a colaborar con entidades como Amencer Aspace. Nas últimas horas, esta asociación publicou nas redes sociais unha mensaxe de rexeitamento ao triplo asasinato machista.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/09/2019