CRTVG

Buscar

Conmoción na súa vila natal, que decretou dous días de loito oficial

Publicado o 09/03/2019 22:48

A muller asasinada este venres en Ciudad Lineal, supostamente a mans da súa parella, é natural de Sober. Concretamente da aldea de Naz, onde vai ser soterrada. Estrella Domínguez Menéndez tiña 63 anos, e aínda que vivía dende había anos na capital española tiña familia no municipio lucense, que decretou dous días de loito oficial e unha concentración para este luns.

As primeiras investigacións apuntan a que o home, de 81 anos, lle disparou coa súa escopeta de caza e que despois se suicidou. Non existían denuncias previas por malos tratos. Con este crime son dez as mulleres asasinadas a mans das súas parellas no que vai de ano.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/03/2019