CRTVG

Buscar

Conmoción na Coruña polo asasinato de Mónica Marcos

Publicado o 16/09/2021 21:19

• Os veciños concéntranse en sinal de repulsa

"Pechado por causas alleas á empresa", di o cartel que atoparon este xoves os clientes da panadería Birloque. En realidade quere dicir pechado por asasinato. A triste noticia caeu como unha mazada entre veciños e clientes.

Mónica era amable e alegre. Os seus veciños oírana discutir coa parella nos últimos días, pero ninguén pensou que fose algo grave. Hoxe, algúns reflexionan.

Mónica deixa dous fillos orfos, un pai desfeito pola dor, unha familia que aínda non pode asimilar o acontecido. Numerosos veciños concentráronse este xoves na Coruña en repulsa polo seu asasinato. De mañá, diante do concello, na praza de María Pita, e pola tarde, diante da panadería onde traballaba. Os actos de protesta repetiranse este sábado en cidades de toda Galicia.

No que vai de ano, 35 mulleres foron asasinadas polas súas parellas ou exparellas en España.


 

Noticias web

16/09/2021