CRTVG

Buscar

O asasinato e violación de Lucía Pérez non é un feminicio para a xustiza arxentina

Publicado o 05/12/2018 20:52

As mulleres arxentinas protagonizarán hoxe un paro feminista en repudio dunha polémica sentenza xudicial. Un tribunal absolveu tres homes imputados polo asasinato e violación de Lucía Pérez, unha moza de 16 anos, e argumentou que pola forte personalidade da rapaza esta non podía ser obrigada a manter relacións sexuais.

Así é o caso de Lucía Pérez volveu conmocinar á Arxentina, xa o fixera no 2016 cando a fiscal a cargo do caso informara que a vítima fora drogada, violada e empalada e que morreu a causa da dor que lle provocaron os atacantes.

Agora, a Xustiza considera que non se tratou dun feminicidio, senon que a moza mantivo relacións sexuais consentidas e que morreu dunha sobredose. Nega tamén que fose empalada como planteara a fiscal. A sentenza destaca que a personalidade de Lucía distaba moito de ser sumisa e que tiña relacións sexuais con quen e cando quería" polo que non considera que puidera ser fácilmente sometida a ter sexo sen consentimento.

Os tres principais acusados só foron condenados por venderlle droga á menor con oito anos de prisión e unha multa económica de pouco máis de 3000 euros. A nai da moza calificou a absolución como unha "vergoña nun pais onde, polo menos 227 mulleres foron asasinadas até novembro a mans de homes.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/12/2018