CRTVG

Buscar

Bos días

Conmoción na Arxentina polo asasinato de tres mulleres dunha mesma familia

Publicado o 25/10/2016 09:45

Un novo episodio de violencia machista volve deixar conmocionada A Arxentina.

Un mozo asasinou tres mulleres e feriu dous cativos dunha mesma familia, supostamente, por unha disputa sobre a parternidade dun dos menores.

Só uns días despois das multitudinarias manifestación contra a violencia machista que colapsaron as princiapis cidades de Latinoamérica, A Arxentina volve espertar conmocionada.

Un mozo asasinou a coiteladas tres mulleres de 30, 50 e 90 anos e feriu gravemente dous nenos pequenos na provincia de Mendoza, a uns 1.000 quilómetros ao oeste de Bos Aires.
Antes de marchar deixou o gas aberto e unha candea acesa para facer estoupar a vivenda e eliminar as probas.

O agresor tiña 30 anos, era profesor de artes marciais e ex-parella dunha das falecidas.
Foi detido no hospita despois de que un dos menores que estaba agochado na vivenda chamara por teléfono un familiar para avisar do masacre.

As autoridades cualificaron o detido, Daniel Gonzalo Zalazar, coma un psicópata en pleno uso das súas facultades mentais que realizou o triplo asasinato pola discusión sobre as probas de ADN dun dos meniños feridos.

"Pasou un coche a todo o que dá e segundo me din era o agresor. Foi un delincuente, o asasino".

Os cativos continúan graves pero estables e Zalazar, que non recoñeceu os feitos, está acusado do crime coas agravantes de aleivosía e vínculo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

25/10/2016