CRTVG

Buscar

Bos días

Conmoción na Arxentina pola morte dunha moza de 16 anos violada salvaxemente

Publicado o 19/10/2016 09:23

A Arxentina está conmocionada polos continuos casos de violencia contra as mulleres. O último, o ocorrido en Mar del Plata, na provincia de Bos Aires, onde unha moza de 16 anos foi drogada e violada. Morreu polas feridas que lle causou o empalamento ao que foi sometida.

Chamábase Lucía Perez, tiña só 16 anos e é unha das últimas vítimas da violencia de xénero na Arxentina.

Xa hai 3 detidos. Quenes, tras violala, lavaron o corpo e achegaron á moza inconsciente a un centro de saúde alegando unha sobredose.

Os máis de 40 minutos intentando reanimala foron en balde.

Faleceu segundo as análises pola dor brutal que padeceu.

Os agresores foron detidos na mesma furgoneta na que trasladaron o corpo e a policía incautou gran cantidade de estupefacientes e preservativos usados.

Vendían drogas nas inmediacións do colexio no que estudaba a rapaza.

A familia de Lucía suma á perda continuas ameazas de morte.

O 2015 deixou 235 mulleres falecidas a mans de homes, unha cada 36 horas. Unha media que non parece ir diminuir neste ano polo que o caso de Lucía Pérez reactivou con forza o movemento "Ni una menos", que xa convoucou para este mércores numerosas manifestacións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

19/10/2016