CRTVG

Buscar

Conmoción en Tenerife e Alacante polos últimos asasinatos machistas

Publicado o 03/04/2019 16:34

A localidade alacantina de Rojales celebra o primeiro dos tres días de loito oficial en memoria da muller de 39 anos asasinada supostamente pola súa parella, que permanece detido. No resto da comunidade houbo varias concentracións de condena, que en Valencia tiveron como escenarios a sede da Generalitat e a Delegación do Goberno.

O cadáver da muller, que presenta golpes na cabeza, permanece no Instituto de Medicina Legal de Alacante, onde se lle practicará a autopsia. O suposto asasino pasará nas próximas horas a disposición xudicial despois de dar versións contraditorias diante da Garda Civil A parella, de nacionalidade húngara, chegara na tarde do luns a Alacante, onde tiña previsto pasar uns días de vacacións.

Pendente de pasar a disposición do xuíz está tamén o home de 52 anos detido na localidade tinerfeña da Laguna como suposto asasino da súa ex-parella, morta en xaneiro no que en principio se pensou fora un accidente de tráfico. Con estas dúas novas vítimas, son 15 as mulleres asasinadas polas súas parellas ou ex-parellas en España no que vai de ano.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/04/2019