CRTVG

Buscar

Conmoción en Rianxo, de onde era orixinario o mozo

Publicado o 22/04/2019 21:29

Alberto Chaves Gómez morreu nos atentados xunto á súa parella, que o fora visitar para pasar uns días de descanso en Sri Lanka.

El traballaba dende había tempo para a filial na India dun grupo de pesca, procesamento e comercialización de produtos do mar con sede en Vigo. Vivía coa outra vítima en Pontecesures, pero o certo é que el era de Rianxo, natural de Rial, na parroquia rianxeira de Leiro. Amais, aínda hai familia da vítima residindo aquí, de aí que a noticia a recibiran con especial consternación.

Entre outros sinais de respecto, o Concello de Rianxo xa anunciou que celebrará mañá un minuto de silencio na memoria do seu veciño e da súa parella, en solidariedade coas familias desta parella de galegos e das do resto de centos de vítimas mortais dos atentados e para condenalos.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/04/2019