CRTVG

Buscar

Conmoción en Muimenta pola acusación contra a nai da pequena Desirée

Publicado o 31/05/2019 18:51

A decisión da xuíza de Vilalba de enviar a prisión a nai da nena de sete anos de Muimenta que apareceu morta na súa casa causou unha fonda conmoción na vila. Tres semanas despois do suceso, a proxenitora é sinalada pola Xustiza como presunta responsable da morte da pequena Desirée. Entre a veciñanza ninguén atopa unha explicación para este posible infanticidio.

Dende o pasado día 3, data do tráxico suceso, a nai da nena que apareceu morta permanece ingresada no Hospital Lucus Augusti de Lugo. Fora a avoa da cativa quen atopara o seu cadáver na cama cando a foi buscar para ir ao colexio. No cuarto, os investigadores atoparon unha botella de auga que podería conter algún fármaco. A partir dese momento, as sospeitas centráronse na proxenitora, que tivo que ser atendida na área de Psiquiatría do HULA. Alí foi a onde se desprazou a xuíza de Vilalba para tomarlle declaración, pero a muller negouse a responder ás súas preguntas.

A maxistrada ordenou o seu traslado ao módulo de presos e mais o ingreso en prisión sen fianza cando reciba a alta por parte dos médicos que a tratan. alta médica, cumprirase a orde de prisión sen fianza decretada pola instrutora.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/05/2019