CRTVG

Buscar

Conmoción en México polo brutal asasinato dunha nena de sete anos

Publicado o 18/02/2020 14:06

Conmoción en México polo brutal asasinato dunha nena de sete anos. A pequena Fátima desaparecera hai unha semana despois de saír da escola. O seu corpo apareceu nun descampado do sur da capital con sinais de tortura.

Familiares, amigos e veciños déronlle esta noite o último adeus á pequena Fátima de sete anos.

O seu corpo aparecera este domingo ao sur da capital con sinais de tortura.

A última imaxe da nena é esta do pasado día 11, da man dunha muller identificada como unha vendedora que se instalaba acotío no exterior do colexio.

A nai da nena dixo saber quen está tras este brutal asasinato e pedíu xustiza.

O presidente López Obrador recibiu un regueiro de críticas por relacionar este feitos coa moral conservadora.

E cré que a man dura non solucionaría nada.

As protestas multiplícanse nun país en que dez mulleres son asasinadas cada día.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/02/2020