CRTVG

Buscar

O triplo crime machista que conmociona Úbeda

Publicado o 15/06/2020 14:19

O concello de Úbeda decretou tres días de loito oficial en memoria das tres vítimas do crime machista ocorrido este domingo na localidade xienense.

A reunión extraordinaria do pleno do Concello xienense acordou decretar tres días de loito na memoria da muller de 46 anos e os seus fillos menores de idade asasinados a coiteladas polo seu home e pai dos pequenos, que depois se suicidou.

Ducias de veciños acudiron este mediodía á concentración convocada polo Concello fronte á fachada norte da casa consistorial para expresar o seu rexeitamento deste triplo crime machista.

A muller asasinada era natural da vila, e os seus fillos e o asasino da localidade veciña de Villacarrillo, onde tamén se celebrou unha concentración de repulsa, ao igual que noutros lugares de Andalucía.

A familia trasladárase había poucos meses a Úbeda para que os fillos puidesen estudar no instituto local.

Desde que comezou o ano, son xa 21 as mulleres asasinadas en España polas súas parellas ou ex-parellas.

Noticias web

15/06/2020