CRTVG

Buscar

Conmoción en Andalucía polo asasinato de dúas nais a mans dos seus fillos menores

Publicado o 20/07/2020 19:00
Conmoción en Andalucía polo asasinato de dúas nais a mans dos seus fillos menores

Dous menores foron detidos onte pola tarde en Córdoba e Huelva por matar as súas nais. No caso de Córdoba o mozo, que tiña 17 anos, acabou coa vida da súa nai a coiteladas. A policía investiga se había antecedentes de violencia.

Tamén tiña 17 anos o mozo que estrangulou a súa nai en Huelva. As primeiras informacións apuntan a que tiña problemas mentais.

Noticias web

20/07/2020