CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Congreso en Santiago sobre a función do cumprimento normativo, ou como previr delitos dentro da empresa

Publicado o 05/07/2017 15:08




Santiago acolle un congreso para informar a empresarios, avogados e consultores galegos sobre unha figura aínda descoñecida, pero que cada vez terá máis presencia no tecido empresarial: a función de 'compliance', ou cumprimento normativo. O seu cometido: previr e evitar a comisión de delitos dentro da empresa.

A función de 'compliance' ou cumprimento normativo chega ao mundo empresarial procedente do financeiro anglosaxón. Ocúpase de previr que se cometan delitos dentro da empresa, e hai moitos posibles: suborno, tráfico de influencias, contra a propiedade intelectual, pirateo informático... O xeito de facelo...

Hoxe en día en Galicia só algúns bancos e as grandes empresas do país cun importante volume de negocio internacional, as máis expostas a incumprir normativas, teñen integrada a función de 'compliance'. Outras de menor tamaño adoitan integrala en departamentos xa existentes.

Independentemente do tamaño da empresa, a vantaxe de dispor da función de cumprimento normativo é, segundo a última reforma do Código Penal, quedar exenta de responsabilidade penal se a alguén dentro dela lle imputan algún delito.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí