CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Serán

Congreso do Pen Internacional en Ourense

Publicado o 28/09/2016 20:51

Continúa en Ourense a xuntanza do Pen Internacional, a orgarnización mundial de escritores presente en máis de 100 países.

No seu 82 congreso máis de 200 persoeiros de todo o mundo abordan os retos nun momento, din, especialmente sensible para a liberdade de expresión. O Pen Internacional calcula que existen máis de 1.000 casos de escritores e xornalistas acosados, perseguidos, maltratados ou asasinados. A presidenta da asociación, a escritora mexicana Jenifer Clemente, lamentou a fraxilidade das liberdades e, sobre todo, expresou a súa preocupación pola violencia que sofren as mulleres, e di que tamén é un xeito de censura.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí