Confusión en Vigo coa apertura do acceso á estación de tren por un centro comercial aínda en obras
Publicado o 23/03/2021 19:39
Moitos viaxeiros teñen dúbidas e preguntan nada máis chegar polo novo acceso á Vialia, habilitado en Vía Norte.
Porén son confusións propias dos primeiros días e a maior parte dos usuarios atopan a informacion que precisan.
Os viaxeiros só poden sacar billetes nos caixeiros. Hai certas incomodidades porque os servizos non están a punto e os operarios seguen traballando, pero poder intuír como vai ser o novo complexo é irresistible para moitos curiosos.
A habilitación deste acceso permitirá derrubar o edificio que funcionaba como estación para seguir avanzando tamén nas obras da terminal de autobuses.