CRTVG

Buscar

Confusión e debate entre os comerciantes por mor da prohibición das rebaixas

Publicado o 14/05/2020 14:24

Hai certa confusión e opinións diversas entre os pequenos comerciantes repecto a realizar rebaixas en tendas físicas. Moitos aplaudiron a decisión de prohibilas para evitar aglomeracións e tamén porque, excepto a venda on line, a medida poñería a todos na mesma situación cando as grandes superficies volvan á actividade.

Hai comerciantes que queren rebaixas. Din que poden garantir as medidas de prevención sen que se produzan aglomeracións. Aseguran que só así poderán dar saída aos stocks.

E entre os clientes hai quen aposta polas rebaixas on line e quen as prefire en tendas físicas, conscientes das limitacións.

As rebaixas on line están permitidas e as grandes superficies queren sumarse á campaña cando a desescalada permita a volta á actividade destes establecementos.

Noticias web

14/05/2020