CRTVG

Buscar

Conflito entre veciños e comuneiros pola celebración dunha festa na Guarda

Publicado o 06/03/2020 14:14

Os veciños da Gándara, Pintán e A Proba, na Guarda, non queren que a Comunidade de Montes de Salcidos faga unha plantación no terreo comunal de Fontebieita porque quedarían sen lugar para celebrar as súas verbenas.

Os veciños manifestan que as orquestras xa están contratadas e advirten do prexuízo que suporía anular a súa contratación, polo que din que a festa se vai celebrar.

Dende a comunidade de montes afirman que nese terreo non se vai facer.

Os veciños están en disposición de colaborar e dialogar coa comunidade de montes.

Noticias web

06/03/2020