CRTVG

Buscar

Confírmase a existencia na Palma dun túnel que evacúa directamente a lava ao mar

Publicado o 07/10/2021 14:10

Cumbre Vieja entrou no que os vulcanólogos chaman fase madura. As emisións de lava permanecen en parámetros estables e existe unha única coada. Ademais confírmase a existencia dun túnel lávico subterráneo que conecta directamente o cono emisor e o mar. Isto reduce as posibilidades de que se amplíe a zona xa afectada.

A actividade do volcán continúa baixo a atenta mirada dos expertos, que monitorizan a súa actividade en todo momento. As emisións de dióxido de xofre están a ser moi intensas. Para os vulcanólogos, isto dinos que o final da erupción non está próximo.

As compañías aéreas que operan na illa víronse esta mañá obrigadas a suspender os voos ante o perigo de que os motores dos avións sufrisen danos. Ademais, a cantidade de cinsa caída inutilizou as pistas de aterraxe.

Noticias web

07/10/2021