CRTVG

Buscar

Confirman que o incendio de Dodro foi provocado por unha faísca dun cable

Publicado o 01/04/2019 18:07

A Policía Autonómica confirma que o incendio de Dodro da semana pasada foi causado por unha faísca procedente dun cable de alta tensión. En colaboración con axentes forestais, o Grupo de Incendios da Policía investigou tamén os incendios que se rexistraron en Ribadavia, na Lama e en Cuntis, e concluíron que os tres se produciron por queimas descontroladas que se realizaron sen tomar as medidas de seguridade pertinente e, nos dous primeiros casos, sen permisos.

Catro persoas foron interrogadas por eses incendios. No que vai de ano, a Policía Autonómica investigou 25 galegos como presuntos autores de incendios forestais.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/04/2019