CRTVG

Buscar

Confirman que a parella atopada morta en Puertollano é violencia machista

Publicado o 13/01/2020 19:44

Un día despois da localización dos cadáveres da parella, a Subdelegación do Goberno en Castela-A Mancha confirmou que se trata dun novo caso de violencia machista.

 María Ángeles Herreros Subdelegada do Goberno en Castela-A Mancha "As primeiras investigacións realizadas pola Policía Científica e a Policía Xudicial apuntan a que o varón puido dispararlle á súa parella e posteriormente suicidouse coa mesma arma"

Un familiar do home e presunto asasino alertou a policía porque había tempo que non sabía nada del. O xuíz autorizou a entrada na vivenda. Os axentes atoparon dúas persoas mortas, unha muller de 61 anos e un home de 53. Levaban mortos máis dun día.

 Miguel Méndez Comisario da Policía Nacional de Cidade Real "Non hai ningún indicio da participación de terceiras persoas, polo tanto parece un feito claro de violencia de xénero de que o home asasinou a súa parella cunha arma de fogo que estaba no lugar"

Segundo parece, o home tiña licenza de armas porque era afeccionado ao tiro. Ela é a vítima número 1.053 desde que hai rexistros.

Noticias web

13/01/2020