CRTVG

Buscar

Confirman o aborto dunha sexta muller polo brote de listeriose de Andalucía

Publicado o 04/09/2019 16:54
Confirman o aborto dunha sexta muller polo brote de listeriose de Andalucía

Este mediodía soubemos dun novo caso. Confírmase un aborto dunha muller en Málaga, vencellado á aparación desta infección. Estaba na semana número 22 de xestación. Con este, son cinco os abortos asociados a este andazo, dun total de 205 casos diagnosticados.

O presidente de Andalucía, Moreno Bonilla, recoñeceu que a Junta non foi áxil na comunicación, pero si na asistencia sanitaria. Puxo sobre a mesa a necesidade de que non exista duplicidade de competencias á hora de xestionar unha crise destas características.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/09/2019