CRTVG

Buscar

Confirman en Guitiriz 5 mostras compatibles coa variante británica da covid

Publicado o 13/02/2021 13:30

O Sergas confirma que cinco mostras do cribado de Guitiriz son compatibles coa variante británica do coronavirus. O concello multiplicou os seus casos nos últimos días, de feito este sábado contan xa con 88 casos e unha incidencia acumulada superior a 1.600 casos por cada cen mil habitantes.

Desde o xoves estase a realizar un cribado aos veciños do municipio para deter o rápido avance do virus.

O servizo galego de saúde acaba de confirmar que cinco das mostras tomadas nese cribado son compatibles coa variante británica, algo que podería explicar o rápido avance dos contaxios na concello. Ata o de agora, só se detectaran casos desta cepa no mes de decembro.

Noticias web

13/02/2021