Confirman case 50 anos de prisión para o profesor do colexio Valdeluz por abuso de menores
Publicado o 11/06/2019 18:41
O Tribunal Supremo confirma a condena a case 50 anos de prisión do profesor de música do colexio madrileño Valdeluz por abusar sexualmente de alumnas menores de idade. Os feitos cometéronse entre os anos 2002 e 2014. Tamén terá que indemnizar as alumnas con 142.000 euros por danos morais.