CRTVG

Buscar

Confirman a sentenza de 15 anos e medio para o asasino en Padre Rubinos

Publicado o 13/02/2020 16:48
Confirman a sentenza de 15 anos e medio para o asasino en Padre Rubinos

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da Audiencia Provincial da Coruña que condena a quince anos e medio de cárcere e a sete anos de liberdade vixiada ao home que asasinou a outro na Institución Benéfico Social Padre Rubinos da Coruña en 2018.

A pena imposta é a mesma que no primeiro xuízo, que o TSXG declarou nulo e ordenou repetir ao aceptar o recurso da defensa, que sostivo que o condenado sufriu "indefensión" ao non ser sometido a un exame psiquiátrico por parte dun profesional do Sergas. 

A Sala do Civil e Penal do TSXG desestimou o recurso de apelación no que a defensa do acusado argumentaba que a cualificación dos feitos como asasinato non é "compatible co realmente acontecido".

O tribunal destaca que o sospeitoso acoitelou a vítima por sorpresa no peito cunha arma branca que ocultaba entre as súas roupas, polo que considera probada a concorrencia dunha conduta alevosa, na súa modalidade de sorpresiva.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí