CRTVG

Buscar

Confirman a condena de cinco anos de prisión para Juana Rivas

Publicado o 14/03/2019 21:21
Confirman a condena de cinco anos de prisión para Juana Rivas

Está ratificado xa. A Audiencia Provincial de Granada confirma a condena a cinco anos de cárcere para Juana Rivas. O tribunal ratifica que subtraeu durante máis dun ano os seus dous fillos menores, a pesar de que había resolucións xudiciais que a obrigaban a entregarlle os fillos ao pai, Francesco Arcuri. A Audiencia sostén que non se xustifica o perigo para os nenos que argumentou Juana Rivas.

Aínda queda pendente que a xustiza italiana se pronuncie sobre a custodia dos rapaces. O xuízo en Sardeña quedou visto para sentenza o mes pasado.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/03/2019