Confirman 18 anos de prisión para o autor do crime de Ponte Caldelas
Desestímase deste xeito o recurso contra a sentenza ditada pola Audiencia Provincial de Pontevedra. Marcos Vidal fora condenado a 18 anos de cárcere e a 8 de liberdade vixiada polo asasinato do marido da que fora a súa amante o 28 de novembro de 2015, na súa casa de Ponte Caldelas.
O home accedeu á vivenda armado cunha navallla co obxectivo de acabar coa vida da vítima Manuel Rivas despois de coñecer que seguía casado coa muller e que mantiñan a relación. Unha vez dentro atacouno de forma sorpresiva e inesperada, sen que o home tivera a posibilidade de defenderse. Marcos Vidal chegou a asestarlle á vítima 25 coiteladas e mesmo lle envoiu á muller unha foto del agonizando.
Na sentenza recálcase que actuou consciente de que o feito de portar unha navalla lle proporcionaba superioridade. No xuízo home recoñecera os feitos e afirmara que foran froito dunha reacción espontánea, pero o Triibunal Superior confirma que actuou con asañamento e alevosía. Por outra banda, foi rexeitado o recurso do Ministerio Fiscal, que pedía un incremento da pena a 20 anos de cárcere.