CRTVG

Buscar

Confirmado: os restos atopados en Cerdido son os de Yago de la Puente

Publicado o 29/08/2020 00:27

A familia de Yago de La Puente acaba de confirmar que os restos humanos atopados en Cerdido pertencen a este mozo coruñés, que desaparecera hai pouco máis dun ano cando volvía á casa tras asistir ao Festival Celta de Ortigueira. 

Os familiares de Yago recibiron a información do laboratorio central da Garda Civil en Madrid, a onde se trasladaron as mostras do achado para a análise forense.

O 14 de xullo do ano pasado Yago de la Puente decidiu volver á casa sen esperar os amigos cos que estaba en Ortigueira. Colleu o tren ata Cerdido, onde se apeou. Alí preguntou como podía chegar ata A Coruña e non se soubo máis del.