CRTVG

Buscar

Confinan nunha mesma planta todos contaxiados na residencia do Pereiro de Aguiar

Publicado o 09/10/2020 21:06

 A residencia Os Gozos no Pereiro de Aguiar recibiu a primeira hora unha inspección tras confirmarse que a metade dos usuarios e traballadores deran positivo por coronavirus. Dun día para outro 137 casos, 112 usuarios e 25 traballadores. Poucos despois anunciabase que funcionarios e persoal médico da Xunta se farían cargo deste centro da Fundación San Rosendo, entre os máis grandes de Galicia con 192 residentes.

"Veremos que foi o que fallou pero a intervención establécese desde hoxe mesmo", dixo Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidade. "Poñerase a disposición desa residencia todos os medios humanos que sexan necesarios pra continúar velando pola sáude de todos os residentes", asegura Fabiola García, conselleira de Política Social.

Os anciáns infectados están confinados nunha mesma planta. A maioría están asintomáticos ou con sintomas leves. Cinco precisaron ser hospitalizados pero en principio non están graves.  O Pereiro de Aguiar está moi preto de Ourense. Todo indica que o contaxio masivo tería relación coa alta incidencia de covid na cidade onde reside boa parte dos persoal do xeriátrico. A situación causa tristeza e preocupación entre os veciños.

Tamén se segue con preocupación a evolución noutra residencia ourensá, a de Val de Monterrei, preto de Verín. Aquí hai 47 usuarios e seis traballadores contaxiados. É a terceira con máis casos despois da dos Gozos no Pereiro de Aguiar. Pero a máis afectada da comunidade segue a ser a de Domus VI Lugo, en Outeiro de Rei onde morreron 22 usuarios. Un mes despois de ser intervida pola Xunta segue tendo 130 usuarios e 20 traballadores infectados. Os novos gromos elevan 540 os casos de coronavirus nas residencias de maiores de Galicia.

 

 

 

Noticias web

09/10/2020