CRTVG

Buscar

Confinamentos de pequenas localidades en varios puntos de España

Publicado o 19/08/2020 21:08

Din os expertos que España non se pode permitir chegar o outono con tantos casos e apostan por aplicar as medidas con todo o rigor.

É o que debeu pensar o Goberno de Castela-A Mancha ao decidir, a falta da autorización xudicial, o confinamento de Villamalea, unha localidade albaceteña de apenas 4.000 habitantes que acadou este mércores os cen contaxiados, case todos xente nova e asintomática.

Unha medida que tampouco se descarta en Consuegra, Toledo, onde deron positivo case a metade das PCR realizadas nun dia.

Similar é tamén o caso de Benamaurel, que con dous mil habitantes decidiu autoconfinarse ao detectar un gromo con 7 positivos. É o quinto municipio da provincia de Granada que pide o confinamento voluntario.

Noticias web

19/08/2020