CRTVG

Buscar

Confinados no porto de Marín os doce mariñeiros dun barco que deron todos positivo

Publicado o 30/10/2020 08:25

Confinado o pesqueiro Sanamedio en Marín tras daren positivo os 12 mariñeiros que integran a tripulación. O barco está atracado no porto de Marín, que é a súa base. As autoridades sanitarias determinaron que teñen que permanecer no buque sen poder desembarcar ata, polo menos, o 5 de novembro, que é cando está previsto que lles fagan unha nova PCR.

O pesqueiro, que pesca no Gran Sol, tivo que dar volta cando un dos mariñeiros deu positivo ao lle faceren un dos tests de detección que levan a bordo.

Noticias web

30/10/2020