Confianza no Celta para gañar no Bernabeu
Publicado o 13/02/2020 15:06
Di Fran Beltrán que a efectividade será determinante
No Celta din que están capacitados para manter a categoría e tamén para gañar no Bernabeu.
A efectividade será determinante porque para Beltrán os problemas de gol do equipo son cousa do pasado.
É o que teñen as vitorias. Reforzan o ánimo e fan recuperar a confianza a todos os niveis.