CRTVG

Buscar

Información Local Santiago de Compostela

Conferencia de Gerard López na USC

Publicado o 24/10/2013 00:04


Gerard López é o fillo duns lugueses que hai 50 anos emigraron a Luxemburgo. A súa historia sería unha de tantas, se non fose porque hai 10 anos foi un dos poucos que apostou por Skype, o popular programa informático. Hoxe, manexa un conglomerado de 70 empresas e ata conta coa súa propia escudería de Fórmula I. Esta tarde estivo en Compostela.
A histora de Gerard López é das que producen vertixe. Fillo de emigrantes do concello lugués de Riotorto, apostou en 2003 por un daquela descoñecido programa informático para facer chamadas telefónicas a través de Internet. 3 anos máis tarde vendeu Skype por 3.000 millóns de euros. Durante a súa visita en Galicia, este visionario da tecnoloxía revelounos o seu último vaticinio, WIX, unha empresa de deseño de páxinas web que sae a bolsa en 3 semanas.
A empresa de investimento de Gerard López é socia en máis de 70 compañías tecnolóxicas. Ós seus 41 anos, é tamén é un dos propietarios do equipo Lotus de Formula I. Este investidor de éxito ve en España unha aposta aínda arriscada. Di que ten problemas estructurais que arredan ó investidor a longo prazo.
Para López, o éxito dun pais depende de dous factores: axudar ó emprendedor e coidar o sistema educativo. Ós aspirantes a empresario que o escoitaron en Compostela recomendoulles crer nas súas ideas e defendelas con paixón.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí