CRTVG

Buscar

Comeza a repartición de máscaras no transporte público galego

Publicado o 04/05/2020 08:34

Un total de 835.000 máscaras de protección individual para evitar o contaxio de coronavirus comezaron a repartirse á poboación en nodos de transporte, municipios e entidades sociais de Galicia este luns a primeira hora e continuarán durante esta xornada e a do martes.

O dispositivo preparouse tras a recepción esta fin de semana de todo o material enviado polo Goberno central, despois de que o presidente, Pedro Sánchez, anunciase o sábado a obrigatoriedade do usar máscaras no transporte público, segundo un comunicado.

En Galicia repartiranse 344.000 máscaras na provincia da Coruña, 289.500 na de Pontevedra, 104.000 na de Lugo e 98.000 na de Ourense, como parte das medidas de relaxación das restricións de movemento das últimas semanas para frear a propagación da pandemia.

É "un novo paso" no proceso de desescalada das medidas de confinamento da poboación nos seus fogares, tras a última repartición masiva en Galicia, o 13 de abril, doutras 602.000 máscaras, sinala a Delegación do Goberno.

Noticias web

04/05/2020