CRTVG

Buscar

Jéssica Pintor: "Apostamos polo turismo de proximidade no Camiño de Santiago"

Publicado o 15/05/2020 09:15

Coa mobilidade restrinxida e as viaxes limitadas ao estritamente necesario, a maioría dos establecementos hoteleiros están pechados, e a tempada alta de turismo, no aire. Pero algunhas cadeas están xa traballando coa vista posta en finais do mes que vén para reabrir e potenciar, sobre todo, o turismo próximo.

Na cadea Oca, a súa responsable de comunicación Jéssica Pintor anuncia que están traballando na apertura de seis hoteis no Camiño de Santiago, cinco deles en Galicia, de cara ao Xacobeo de 2021. "A dirección da cadea cre que non é o momento de frear, senón de crecer, crear emprego e apostar por provedores locais", explica. Engade que "o Camiño de Santiago é unha aposta firme".

Na actualidade, o cadro de persoal estase formando en protocolos de seguridade e protección e aínda que polo de agora "todo está no aire", agardan poder reabrir establecementos este verán.

Noticias web

15/05/2020