CRTVG

Buscar

Só dez concellos galegos teñen saldo vexetativo positivo

Publicado o 04/06/2020 09:04

A taxa de natalidade en Galicia baixou dez puntos en dez anos e, na actualidade, só dez concellos galegos teñen un saldo vexetativo positivo, é dicir, teñen máis nacementos que mortes.

O problema demográfico é de tal magnitude que en 2019 se rexistraron máis do dobre de falecementos que de nacementos. Houbo uns 15.000 nacementos por 31.000 decesos.

Galicia sitúase así como a comunidade autónoma con peor saldo vexetativo de España, e a que ten unha maior proporción de poboación envellecida. Unha de cada catro persoas residentes na comunidade ten 65 ou máis anos. O lado positivo é que tamén aquí se rexistra a esperanza de vida máis alta, que se sitúa na actualidade nos 83 anos.

 

Noticias web

04/06/2020