CRTVG

Buscar

Conectarse a Internet, unha odisea en Beiro e Palmés, a só dez quilómetros de Ourense

Publicado o 17/08/2020 14:52

Facer compras, teletraballar ou ver unha película na casa. Calquera destas situacións convértese en todo un problema para os veciños de Beiro e Palmés, dúas locaildades situadas a apenas dez quilómetros de Ourense.

Todo se debe a unha deficiente conexión a Internet, un problema que veñen padecendo dende hai anos e para o que ninguén atopou unha situación polo de agora. 

Nunha tenda de Palmés ninguén se extraña cando preguntamos polos problemas da conexión a internet. Nin as conexións por satélite nin os teléfonos como móden son quen de solucionar os problemas cos que se atopan a cotío.

Din que levan anos así, probando xa en distintas compañías, pero o caso é que ninguén lles da unha solución. De feito, din que hai moitas zonas en que falla a cobertura tamén para as chamadas de teléfono. E apenas dous quilómetros de alí, en Beiro, as queixas son as mesmas.

Din que xa están cansos de protestar e que o que precisan é unha solución canto antes. Moito máis tendo en conta, din, que cada día dependen un pouco máis da tecnoloxía.

Noticias web

17/08/2020