Coñecemos tres exemplos de superación neste Día Mundial das Mulleres Rurais
O anuncio dunha norma para a equiparación salarial entre homes e mulleres nun prazo de seus meses abre unha xanela de esperanza. É sen dúbida unha das grandes reivindicacións que se poden facer nunha xornada como a de hoxe, en que se celebra o Día Mundial da Muller Rural.
Cada historia é un exemplo. O de Rosa, levar case 30 anos impulsando accións formativas.
Xulia ten unha empresa de servizos agrícolas e dedícase á viticultura na zona do Ribeiro. Decidiu seguir os pasos dos seus antepasados hai xa tres décadas. Di que as cousas mudaron moito desde entón.
Sandra era economista. Casou e decidiu apostar polo rural, cunha granxa e elaborando xeados. Cre que o gran problema é conciliar.
Coma elas, milleiros de mulleres rurais galegas celebran este día traballando e poñendo así en valor o seu papel na sociedade.