CRTVG

Buscar

Coñecemos Pontevedra nunha ruta en pádel surf polo Lérez cando cae a noite

Publicado o 08/08/2021 17:30

Gozámola a pé mesmo cando cruzamos algunha das súas oito pontes, pero agora tamén podemos coñecela seguindo o curso do Lérez, enriba dunha táboa de pádel surf cando cae o día e chega a noite.

Unha empresa de Pontevedra encárgase de facer posible este tipo de turismo en colaboración co concello. A resposta foi masiva e a participación é gratuíta. Non fai falla ter coñecementos de pádel surf. Tras unha breve explicación nesta praia fluvial do Lérez, van directos á auga.

A ruta nocturna comeza sen problemas. Padexada a padexada, percorren o río que configura a singular arquitectura da cidade de Pontevedra. Moitos dos participantes repiten.

A ruta dura dúas horas e media. O obxectivo é chegar e cruzar a ponte do Burgo, a que dá orixe ao nome da cidade, a ponte romana que forma parte do camiño portugués. Chega o merecido descanso. Convertidos en pequenas siluetas gozan do tintín dunha cidade adaptada ao seu río.

Noticias web

08/08/2021