CRTVG

Buscar

Coñecemos os últimos pastores da cabras e ovellas da montaña de Manzaneda

Publicado o 02/09/2019 15:52

Álvaro Fernández comezou a ser axudante de pastor con só dez anos. Agora el é un dos últimos tres pastores que quedan na montaña de Manzaneda. Aquí coida dun rabaño de 350 cabras e ovellas.

No curro de Mosenda pasa a tempada de verán e vai facendo quendas cos outros dous pastores. A súa única compaña son os seus cans que lle axudan a guiar e coidar do gando. Pasa as noites neste pequeno espazo, cunha cociña de gas, unha mesa e unha cama.

Antes, di, vivían neste curro polo menos outros cinco pastores, pero cada vez foi quedando menos xente. Álvaro xa pensa en retirarse e di que o seu oficio é moi bonito pero moi duro, teme que non haxa remuda para o futuro.

Cun pouco de atraso pola nosa presenza, Álvaro comeza o seu camiño montaña arriba e montaña abaixo para alimentar o seu rabaño. Coma cada día, volverá coa noite.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/09/2019