Telexornal Mediodía
Coñecemos o mellor tirador de cervexa de Galicia
Publicado o 27/04/2018 15:12
Adiantabámosllo antes. Imonos de cervexas. E facémolo co mellor tirador de Galicia. É de Santiago e xa ten varios premios relacionados co café
No seu establecemento sérvense os mellores cafés de Galicia, e esta semana soubemos que tamén alí se tiran as mellores cervezas. O Venecia, un clásico da hostalería compostelá, e o seu dono, Óscar de Toro, son protagonistas estes días porque nun campionato celebrado en Lugo esta semana, o barista acadou o primeiro posto.
Poucos composteláns son os que quedan en Santiago sen pasar polo establecemento de Óscar de Toro. O Venecia, un clásico da hostalería no Ensanche goza dunha merecida sona porque o seu dono acadou varios premios co café. Agora, a cervexa súmase a esta lista de recoñecementos.
No campionato celebrado esta semana en Lugo, os baristas tiveron que superar unha serie de probas, entre elas tirar unha boa cerveza dunha billa nun minuto e medio ou servilas directamente da botella. E aquí é onde está o segredo para recoñecelo.
En pouco máis dunha semana, o 7 de maio, Óscar de Toro competirá en Madrid , para conseguir o título de mellor tirador de cervexa de España.