CRTVG

Buscar

Coñecemos o funcionamento da sala do 091

Publicado o 18/02/2021 13:18

Dende casos graves de violencia de xénero ata consultas de información ou queixas polos gorrillas. A variedade de chamadas que se rexistran na sala do 091 é case infinita. O servizo funciona de xeito ininterrompido e permite contactar de inmediato con outros corpos de seguridade para coordinar as actuacións. E todo baixo uns protocolos moi detallados para dar a resposta máis axeitada e rápida co emprego das novas tecnoloxías.

Manuel Arias, voceiro da Policía nacional de Lugo di que "hoxe as novas tecnoloxías permiten dar un servizo sen merma para o cidadán. Ao contrario. A telefonía móbil e os sitemas GPS axudan a dar un servizo máis directo e eficaz".

Na sala están en contacto permanente cos equipos que actúan na rúa para poder desprazalos segundo as necesidades. Tamén é importante o labor de información, especialmente agora que reciben multitude de chamadas preguntando sobre as restricións pola pandemia. Outra ferramenta tecnolóxica destacada é a que permite poñer en contacto directo telefónico os axentes a pé de rúa de calquera coprpo policial cos cidadáns necesitados de asistencia ou axilio.

Noticias web

18/02/2021