CRTVG

Buscar

Coñecemos en Lobeira un dos poucos cesteiros que quedan en Galicia

Publicado o 22/07/2019 21:39

O paso do tempo vai relegando a un segundo plano algúns dos nosos oficios máis tradicionais. É o caso, por exemplo, da cestería, unha tarefa que durante séculos formou parte da nosa vida cotiá. Achegámonos ata o concello de Lobeira para coñecer un dos poucos cesteiros que quedan en Galicia.

Entrar no taller de Toño é facelo dando un pasiño atrás no tempo. Non hai oco nestas paredes no que non atopar calquera tipo de peza artesá. A materia prima, iso si, non varía: vimes, colmos e madeira. Conta que todo o que precisa ofréceo a natureza.

Este cesteiro agora xa xubilado deixou atrás hai décadas os seus estudos de Náutica na Coruña para volver ao rural e apostar por promover, difundir e recuperar parte da nosa historia e das nosas tradicións a través da cestería.

Este mestre de cesteiros fala da reivindicación dun oficio case esquecido dende a produción industrial e a irrupción do plástico nos anos cincuenta. Un traballo que non cesa no día a día porque, di, el sempre sigue aprendendo.





 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/07/2019