A Revista
Coñecemos como pode axudar a fisioterapia nos problemas do solo pélvico
Publicado o 16/03/2018 13:09
Estamos afeitos a acudir á consulta dun fisioterapeuta cando temos dores de costas, musculares ou contracturas; pero probablemente nunca pensaron na posibilidade de visitar un destes profesionais para mellorar o ton do solo pélvico. A fisioterapia pode axudar no tratamento dos problemas que lles afectan especialmente ás mulleres despois dun parto ou durante a menopausia, pero que tamén se dan nos homes e mesmo nos nenos. Visitamos unha fisioterapeuta especializada que nos quixo transmitir sobre todo unha mensaxe: que estes problemas teñen solución.