CRTVG

Buscar

Coñecemos a historia de Luís, con síndrome de Down, que superou a covid−19 no hospital de Ourense

Publicado o 28/02/2021 21:02

Agora está ben, xa na casa, e comeza a dar os sus primeiros paseos polo xardín. Luís, de 47 anos, contaxiouse e tivo que pasar tres semana no hospital de Ourense, unha delas na UCI.

Un dos momentos máis especiais foi o reencontro ca súa irmá, coa que vive desde que faleceron os seus pais.

E así marchou co xefe do mesón en que traballa, entre aplausos. El fíxose querer, e as enfermeiras e todo o equipo médico gañaron a súa confianza.

Luís é un supervivente máis do virus. Foi unha dura experiencia da que di súa irmá que saíu reforzado.

Noticias web

28/02/2021